Galicia Molona

A Asociación Cultural Musical Galicia Molona é un proxecto que xorde, en parte, a través de La Galleta Molona. A cabeza visible desta web levaba tempo cavilando na idea de organizar concertos, promocionar a música alternativa galega, probar sorte cun festival…

A partir de aí, púxose na procura doutras persoas que compartisen ese mesmo interese.

Desta maneira, tras varios meses, nace Galicia Molona. Un proxecto cultural no que, actualmente, participan diversas persoas.

Destacar tamén que Galicia Molona é un colectivo sen ánimo de lucro. Tan só pretendemos apoiar a esfera musical independente galega; compartir bos momentos e aprender durante o transcurso desta nova travesía na que nos embarcamos.

En definitiva, un grupo de persoas cun mesmo obxectivo e intereses culturais compartidos.