Galicia Molona

Aviso Legal

De acordo co disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), poñemos no seu coñecemento que a páxina web co enderezo www.galiciamolona.com (en adiante sitio web) é xestionada pola Asociación Cultural Musical Galicia Molona (en diante Galicia Molona), con C.I.F. G70588967.

O acceso e uso do sitio web polo/a usuario/a supón que acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir os termos e condicións recollidos no presente aviso legal. Polo tanto, debe lerse atentamente o presente aviso legal en cada unha das ocasións en que se vaia utilizar o sitio web, xa que este e as súas condicións de uso poden sufrir modificacións.

Condicións de uso

O acceso ao sitio web é gratuíto.

O/a usuario/a comprométese a non utilizar o sitio web con fins fraudulentos, así como a non levar a cabo ningunha conduta que poida danar a imaxe, os intereses e os dereitos de Galicia Molona ou de terceiras persoas. Comprométese, así mesmo, a non realizar ningún acto co obxecto de prexudicar, inutilizar ou sobrecargar o sitio web, ou que impida, de calquera forma, o normal uso e funcionamento deste.

No caso de incumprimento do contido do presente aviso legal, da política de privacidade ou de calquera outro termo ou condición particular recollidos no sitio web,  Galicia Molona resérvase o dereito a limitar, suspender ou terminar o acceso ao sitio web, adoptando calquera medida técnica que sexa necesaria.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual sobre a disposición dos contidos do sitio web, o seu deseño gráfico, os programas de ordenador subxacentes, así como os distintos elementos que integran o sitio web: textos, gráficos, fotografías, vídeos, gravacións sonoras etc., é dicir, os contidos, corresponden a Galicia Molona.

O uso do sitio web non supón a cesión de dereito ningún de propiedade intelectual ou industrial sobre o sitio web, os contidos ou os signos distintivos de Galicia Molona. Para tal efecto, mediante o presente aviso legal (e salvo naqueles supostos nos que estea legalmente permitido ou medie autorización previa de Galicia Molona), queda expresamente prohibida a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición, extracción ou reutilización do sitio web, os seus contidos ou os signos distintivos de Galicia Molona.

Sitios enlazados

Co fin de facilitar información adicional, pódense incluír diversas ligazóns que permitan acceder a outras páxinas web (sitios enlazados). Nestes casos, Galicia Molona actúa como un prestador de servizos de intermediación, segundo o disposto no artigo 17 da LSSI. De acordo co previsto na citada lexislación, Galicia Molona non será responsable dos servizos e contidos facilitados a través dos sitios enlazados, salvo que teña coñecemento efectivo da ilegalidade e non desactivase a ligazón coa debida dilixencia.

En ningún caso a existencia dos sitios enlazados comporta recomendación, promoción, identificación ou conformidade de Galicia Molona coas manifestacións, contidos ou servizos proporcionados a través dos ditos sitios. En consecuencia, Galicia Molona non se fai responsable do contido dos sitios enlazados, nin das súas condicións de uso e as políticas de privacidade, sendo a persoa usuaria a única responsable de comprobalos e aceptalos cada vez que acceda a eles e os use.

No suposto de que o/a usuario/a considere que existen nos sitios enlazados contidos ilícitos, nocivos, denigrantes, violentos ou inadecuados, poderá poñelo en coñecemento de Galicia Molona a través do seguinte enderezo de correo electrónico: info@galiciamolona.com.

Responsabilidade de Galicia Molona

A Asociación Cultural Musical Galicia Molona non se responsabiliza dos danos e prexuízos causados ao/á usuario/a como consecuencia de riscos inherentes ao medio empregado, nin dos ocasionados polas vulnerabilidades nos seus sistemas e ferramentas. Galicia Molona non garante a total seguridade dos seus sistemas e, aínda que ten adoptadas medidas de seguridade adecuadas, non descarta totalmente a existencia de vulnerabilidades e, en consecuencia, o/a usuario/a debe ser precavido/a na interacción co sitio web.

Protección de datos

De conformidade co establecido na normativa vixente en Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase de que os seus datos serán incorporados ao sistema de tratamento titularidade de Galicia Molona con CIF G70588967. En cumprimento da normativa vixente, Galicia Molona informa de que os datos serán conservados durante o prazo estritamente necesario para cumprir os preceptos mencionados con anterioridade.

Mentres non se comunique o contrario, entenderase que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificar calquera variación e que presta o seu consentimento para utilizalos para as finalidades mencionadas.

Galicia Molona informa de que procederá a tratar os datos de maneira lícita, leal, transparente, adecuada, pertinente, limitada, exacta e actualizada. Galicia Molona comprométese a adoptar todas as medidas razoables para que estes se supriman ou rectifiquen sen dilación cando sexan inexactos.

De acordo cos dereitos que lle confire a normativa vixente en protección de datos poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación de tratamento, supresión, portabilidade e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal así como ao consentimento prestado para o tratamento destes, dirixindo a súa petición ao correo electrónico info@galiciamolona.com

Poderá dirixirse á Autoridade de Control competente para presentar a reclamación que considere oportuna.

Co envío do formulario de recollida de datos vostede acepta a política de privacidade de Galicia Molona.